Antes de que remate este ano 2017 comenzamos coa publicación de tódalas entrevistas feitas neste ano dentro do noso proxecto da provincia da Coruña titulado "O Rural Galego: A Historia Vive". Levado a fin gracias á colaboración da Deputación da Coruña.
“O Forno das
Candeas” Sabela e Luis.-
Proxecto situado no lugar da Tabeira,
parroquia de Golmar pertencente ao concello da Laracha, na provincia da Coruña
onde Sabela e Luis formaron unha C.B. chamada “O Forno das Candeas”. Levan mais
de dez anos traballando na produción con criterios agroecoloxicos.
Os seus inicios veñen de cando decidiron
asentar a sua vida no Courel, onde estiveron mais de sete anos, traballaban
soutos recuperados por eles de diferentes propietaros e puxeron a funcionar
dous sequeiros tradicionais para basear a súa produción en produtos derivados
da castaña.
Facían
fariña, pan, bolachas e magdalenas de castaña ademáis da comercialización do
propio froito, alí o seu proxecto coñecíase co nome de “O Sequeiro da Portela”.
Fai dous anos decidiron cambiar de lugar e
foi cando se asentaron nun lugar do concello da Laracha onde ampliaron os seus
produtos e agora mesmo a través do “Forno das Candeas” comercializan diferentes
pans e bolachas elaboradas por eles. Utilizan diferentes fariñas sempre que
poden de produción propia elaborada con cereais locais doutros proxectos
semellantes: trigo, centeo, millo e fariña castaña.
Pertencen á Asociación Labrega Natura que
está formada por pequenas produtoras labregas que viven e desenrolan os seus
proxectos na contorna de Bergantiños-Coruña.
Preguntamos á Sabela e ao Luis polos seus momentos no
camiño que levan percorrido,
¿Podedes resumirnos cales son os elementos
facilitadores e os elementos que dificultaron o voso camiño?
Sabela: vou
nomear dous aspectos que para min entorpecen ou dificultan o noso camiño:
- Conseguir prezos dignos e xustos dos nosos produtos,
xa que no sector alimentación nos teñen habituados a una tirada polo baixo do
prezo dos alimentos.
- A ignorancia nosa de non ser continuadores das
tradicións rurais e iso provoca que aparezan dificultades na xestión do
territorio. Cando cheguei ao Courel tiven que adicar mais de tres anos en estar
en convivencia continua cos e coas veciñas aprendendo, o Courel foi para min
una segunda universidade.
Luis: para
min o que se me ven á cabeza neste momento é a incapacidade para crear
comunidade cercana, persoas coma nos, con nenos e nenas, compartir proxectos,…
cercanos en distancia xa que na montaña ese chegou a ser un dos problema. En
Laracha isto estamolo conseguindo.
En canto aos
aspectos facilitadores do camiño Sabela o resume nunha frase “todo o aprendido”
Luis: Sempre
saindo de nos un respeito total polo que alí xa había a hospitalidade da xente
da montaña, nos fixeron sentir arroupados e apoiados.
Sabela e Luis desde a vosa experiencia ¿qué camiño ten
que seguir o rural para que viva?
Sabela: Para
min está claro: que as persoas nos xuntemos, nos organizemos, a volta aos
traballos comunitarios, fai pouco leín una frase que resume isto ”Sos, imos
mais rápido pero xuntos e xuntas chegaremos mais lonxe”. Outro factor moi
importante para que as aldeas sigan vivas é saber que dependemos das ciudades e
das vilas, xa que é onde están as consumidoras ás que hai que concienciar do
que consumen, que sexan persoas activas no consumo e que saiban apoiar ás
produtoras.
Luis: Eu
faría una diferencia entre a montaña e o resto do rural, así que para que a
montaña siga viva e que sexa mais fácil xerar novos asentamentos terían que
existir unas axudas brutais para as habitantes da montaña, por exemplo,
beneficios fiscais, facilidade de servizos,… E para o rural en xeral, comparto
con Sabela a necesidade de xuntarmonos e que dalgún xeito a administración ten
que darse conta de que ter xente vivindo fora das cidades costa menos cartos xa
que isto implica que os camiños están limpos, as terras cultivadas o que
provoca una loita natural contra os incendios,…Temos que darlle a volta ao
discurso dominante, a xente no rural coida un territorio distribuindo o esforzo
para tal fin.
Nun novo
discurso é preciso invertir moito en educación alimentaria, promover o consumo
dos produtos estacionais, traballados por labregas do teu redor, isto repercute
directamente na saude das persoas e por exemplo pode reducir o gasto público en
sanidade.
Em resumo ter
xente vivindo activamente no rural é mais rentábel para o conxunto da
sociedade, e distribue a riqueza e a xestion dos recursos. A outra alternativa
é deixar a terra a ermo pras grandes empresas
Para
contactar co Forno das Candeas:
- Facebook: fornodascandeas
Sabela empaquetando as
bolachas para a sua distribución
Entrevista realizada pola:
En colaboración coa: