08/12/2017

Antes de que remate este ano 2017 comenzamos coa publicación de tódalas entrevistas feitas neste ano dentro do noso proxecto da provincia da Coruña titulado "O Rural Galego: A Historia Vive". Levado a fin gracias á colaboración da Deputación da Coruña.

 “O Forno das Candeas” Sabela e Luis.-
   Proxecto situado no lugar da Tabeira, parroquia de Golmar pertencente ao concello da Laracha, na provincia da Coruña onde Sabela e Luis formaron unha C.B. chamada “O Forno das Candeas”. Levan mais de dez anos traballando na produción con criterios agroecoloxicos.
   Os seus inicios veñen de cando decidiron asentar a sua vida no Courel, onde estiveron mais de sete anos, traballaban soutos recuperados por eles de diferentes propietaros e puxeron a funcionar dous sequeiros tradicionais para basear a súa produción en produtos derivados da castaña.
Facían fariña, pan, bolachas e magdalenas de castaña ademáis da comercialización do propio froito, alí o seu proxecto coñecíase co nome de “O Sequeiro da Portela”.
   Fai dous anos decidiron cambiar de lugar e foi cando se asentaron nun lugar do concello da Laracha onde ampliaron os seus produtos e agora mesmo a través do “Forno das Candeas” comercializan diferentes pans e bolachas elaboradas por eles. Utilizan diferentes fariñas sempre que poden de produción propia elaborada con cereais locais doutros proxectos semellantes: trigo, centeo, millo e fariña castaña.
   Pertencen á Asociación Labrega Natura que está formada por pequenas produtoras labregas que viven e desenrolan os seus proxectos na contorna de Bergantiños-Coruña.

Preguntamos á Sabela e ao Luis polos seus momentos no camiño que levan percorrido,
¿Podedes resumirnos cales son os elementos facilitadores e os elementos que dificultaron o voso camiño?
Sabela: vou nomear dous aspectos que para min entorpecen ou dificultan o noso camiño:
-      Conseguir prezos dignos e xustos dos nosos produtos, xa que no sector alimentación nos teñen habituados a una tirada polo baixo do prezo dos alimentos.
-      A ignorancia nosa de non ser continuadores das tradicións rurais e iso provoca que aparezan dificultades na xestión do territorio. Cando cheguei ao Courel tiven que adicar mais de tres anos en estar en convivencia continua cos e coas veciñas aprendendo, o Courel foi para min una segunda universidade.
Luis: para min o que se me ven á cabeza neste momento é a incapacidade para crear comunidade cercana, persoas coma nos, con nenos e nenas, compartir proxectos,… cercanos en distancia xa que na montaña ese chegou a ser un dos problema. En Laracha isto estamolo conseguindo.
En canto aos aspectos facilitadores do camiño Sabela o resume nunha frase “todo o aprendido”
Luis: Sempre saindo de nos un respeito total polo que alí xa había a hospitalidade da xente da montaña, nos fixeron sentir arroupados e apoiados.

Sabela e Luis desde a vosa experiencia ¿qué camiño ten que seguir o rural para que viva?
Sabela: Para min está claro: que as persoas nos xuntemos, nos organizemos, a volta aos traballos comunitarios, fai pouco leín una frase que resume isto ”Sos, imos mais rápido pero xuntos e xuntas chegaremos mais lonxe”. Outro factor moi importante para que as aldeas sigan vivas é saber que dependemos das ciudades e das vilas, xa que é onde están as consumidoras ás que hai que concienciar do que consumen, que sexan persoas activas no consumo e que saiban apoiar ás produtoras.
Luis: Eu faría una diferencia entre a montaña e o resto do rural, así que para que a montaña siga viva e que sexa mais fácil xerar novos asentamentos terían que existir unas axudas brutais para as habitantes da montaña, por exemplo, beneficios fiscais, facilidade de servizos,… E para o rural en xeral, comparto con Sabela a necesidade de xuntarmonos e que dalgún xeito a administración ten que darse conta de que ter xente vivindo fora das cidades costa menos cartos xa que isto implica que os camiños están limpos, as terras cultivadas o que provoca una loita natural contra os incendios,…Temos que darlle a volta ao discurso dominante, a xente no rural coida un territorio distribuindo o esforzo para tal fin.
Nun novo discurso é preciso invertir moito en educación alimentaria, promover o consumo dos produtos estacionais, traballados por labregas do teu redor, isto repercute directamente na saude das persoas e por exemplo pode reducir o gasto público en sanidade.
Em resumo ter xente vivindo activamente no rural é mais rentábel para o conxunto da sociedade, e distribue a riqueza e a xestion dos recursos. A outra alternativa é deixar a terra a ermo pras grandes empresas


Para contactar co Forno das Candeas:
-      Páxina web: www.candeas.com
-      E-mail: fornodascandeas@gmail.com
-      Facebook: fornodascandeas


Sabela empaquetando as bolachas para a sua distribución




Entrevista realizada pola:



En colaboración coa:    

  

           
        


Sem comentários:

Enviar um comentário