Elaboramos  catro censos diferentes:
- Ficha 1.-Banco de Sabedores: todas as persoas que saben ou traballan nalgún uso, oficio ou costume tradicional galego.
 - Ficha 2.-Conservación e Recuperación: todas as persoas ou grupos que están traballando no eido da conservación e recuperación de usos e costumes rurais.
 - Ficha 3.-Proxectos de Desenvolvemento: todos os grupos que están levando a cabo proxectos de desenvolvemento no mundo rural.
 - Ficha 4.-Fondo documental e bibliográfico: amplo fondo documental e bibliográfico dos recursos espallados por domicilios privados e asociacións (neste fondo incluímos todo tipo de libros, documentos, soportes musicais, carpetas de traballo, bocetos,… que non se atopen en bibliotecas, internet, que estean descatalogados,…).
 
Cada un deles,  así mesmo, está  clasificado polo tipo de recurso que representa a persoa ou o  grupo  (por exemplo: Cestería, Agricultura, Madeira, Textil,…).
   Podes ver en  cada un dos censos, as actividades das que xa temos  persoas ou grupos censad@s,  a medida que o traballo avance aparecerán  novas artes ou oficicios tradicionais  que censar. Polos datos  recollidos nos nosos   censos, podemosche informar das persoas que  estarían dispostas a  impartir un curso, dar unha charla, a súa  predisposición para gravar unha  entrevista, para recibir visitas,… 
   Se queres  poñerte en contacto ou coñecer as persoas e grupos  censados, fala connosco e a  Universidade Rural Galega fará de enlace.  (Para contactar coa U.R.G. entra en  CONTACTAR). 
Censos: 
Banco de  Sabedores.
Clasificación polo tipo de recurso:
Clasificación polo tipo de recurso:
- Agricultura: saberes relacionados co traballo da terra e dos productos que dela saen: frutais, horta, prantas mediciñais,…
 - Cerámica – Oleiría.
 - Cestería.
 - Cociña.
 - Coiro.
 - Costrucción: saberes relacionados coa bioconstrucción e cos saberes tradicionais de tellar, emparedar,…
 - Fotografía: persoas que posúen algún traballo fotográfico relacionado coa nosa cultura, xeografía, historia,…
 - Madeira: saberes relacionados coa talla, restauración,… da madeira
 - Mariña: saberes relacionados co traballo no mar: redeiras, artes de pesca, construcción de embarcacións tradicionais,…
 - Música: saberes relacionados co mundo musical: cantigas, bailes tradicionais, construcción de instrumentos musicais,... e músicos en xeral.
 - Metal: saberes relacionados co traballo dos metáis: ferro e bronce.
 - Pedra: saberes relacionados coa talla da pedra: cantería.
 - Textil: saberes relacionados co proceso dos tecidos da la e do liño, tamén inclúese neste censo o encaixe de bolillos e todas as artes ou oficios relacionadas co mundo textil.
 - Traxes Tradicionais: deseño e confección de traxes tradicionais.
 
Conservación e  Recuperación.
Clasificación polo tipo de recurso:
- Cestería.
 - Cultural: persoas ou grupos que traballan no eido da conservación e recuperación da nosa cultura en xeral.
 - Fotografía. persoas que posúen algún traballo fotográfico relacionado coa nosa cultura, xeografía, historia,…
 - Metal: conservación e recuperación de saberes relacionados co traballo dos metáis: ferro e bronce.
 - Museos.
 - Música: conservación e recuperación de saberes relacionados co mundo musical: cantigas, bailes tradicionais, instrumentos musicais,...
 - Natureza: conservación e recuperación da nosa natureza en xeral.
 - Textil: conservación e recuperación de saberes relacionados co proceso dos tecidos da la e do liño, encaixe de bolillos e todas as artes ou oficios relacionadas co mundo textil.
 
Proxectos de Desenvolvemento.
Clasificación  polo tipo de recurso:
- Agricultura.
 - C.D.R. (Centros de Desenvolvemento Rural)
 - Cultural.
 - Gandería.
 - Mariña.
 - Metal.
 - Montes.
 - Mulleres Rurais.
 - Turismo.