¿Quén somos?

É un feito amplamente aceptado a enorme aportación  que o mundo rural ten feito á cultura e a vida en xeral ; non é menos evidente que unha parte desa aportación está esmorecendo progresiva e implacablemente. Somos moit@s  @s que sentimos un fondo pesar desa desfeita e a cotío compartimos a impotencia que sentimos

            Hai bastantes persoas e asociacións que están apurando con moita creatividade e teimosía a recollida, coidado e/ou preservación de todo o patrimonio etnográfico galego, así como levando a cabo proxectos reais e innovadores, creadores de futuro para un mundo rural vivo.

             A  U.R.G. nace coa idea de intentar facer visible todo o anterior e gustaríanos servir de altofalante de toda esa realidade, xa que cremos en que tod@s podemos contribuir a poñer en valor as tradicións rurais, a favorecer o seu recoñecemento e dignificación e a facer chegar á sociedade toda a riqueza persoal, grupal e etnográfica do medio rural. 

Polo de agora integramos a U.R.G.: 

·        Abrite.
·        ADEGA.
·        As. Amigos da Pita.
·        ARRINCADEIRA.
·        A Cova da Terra.
·        Asociación Amigos do Patrimonio de Castro Verde.
·        Asociación Amigos da Pita.
·        Asociación Cultural O TEIXEIRO.
·        Asociación Cultural XERMOLOS.
·        Asociación Cruceiro de Meilán.
·        Asociación Mulleres Rurais de Riotorto.
·        Asociación Patronato do Museo Etnográfico da Capela.
·        ANPA de Riotorto.
·        BRINQUEDOS. Centro de Interpretación e Xogos Tradicionais.
·        C.D.R. Ancares.
·        C.D.R. O Viso.
·        Colectivo Pedagóxico ESTIÑO.
·        Colexio de Veterinarios e Veterinarias da Coruña.
·        EUROEUME.
·        Fundación Sotelo Blanco.
·        INCODEGA.
·        Movemento Rural Cristián.
·        PAPAVENTOS.
·        Palloza Museo de Piornedo.
·        Preescolar na Casa.
·        Sindicato Labrego.
·        Asociación POLAVILA.
·        VERDEGAIA.
·        As. ZOCAMIÑOCA.
 ademáis de técnicos/as, profesorado da Universidade... Súmate e colabora xunto co resto para facer posible o proxecto Universidade Rural Galega

Xunta Directiva da U.R.G.:
PRESIDENTE: Alfonso Blanco Torrado (As. Cultural Xermolos).
VICEPRESIDENTA: Ermitas Fernández Fernández (Preescolar na Casa).
SECRETARIO: José Carlos Figueroa Boedo (Labrego).
VICESECRETARIO: José Yáñez Basanta (As. Amigos do Patrimonio de Castroverde).
TESOUREIRO: Eloi Davila González (Labrego).
VOGAL:Vanesa García Teijido (Coop. de Consumo Consciente Zocamiñoca).
VOGAL: Ramiro Martínez Carballosa (C.D.R. Ancares) .