Obxetivos

Os obxetivos que nos uniron para darlle forma a Universidade Rural Galega e polos que traballamos son:
  • Colaborar na recuperación, conservación e difusión dos saberes tradicionais do medio rural.
  • Poñer en valor as iniciativas de recollida, conservación e difusión das tradicións rurais.
  • Favorecer o recoñecemento e dignificación do medio rural e da súa historia.
  • Facer chegar á sociedade toda a riqueza persoal, grupal e etnográfica do medio rural.
  • Ser unha rede que facilite a intercomunicación de todos os grupos que cremos na  dignidade e no futuro do rural.