16/06/2010

Feira na Escola Waldorf "MENIÑEIROS"

O sábado 29 de maio a Universidade Rural Galega(U.R.G.) estivo cun posto informativo na Escola Waldorf MENIÑEIROS. Alí xuntámonos con diferentes asociacións e dimos a coñecer o proxecto U.R.G. a todos e todas os/as que se achegaron ese día ás instalacións da escola .

No noso posto ademáis de levar información variada e diferentes publicacións, ofrecemos lá, fuso e roca para que xurdan demostracións do

fiado da lá. Neste día case todas as mulleres que fiaron eran do concello de Friol.

Aquí tedes unha pequena mostra con estas dúas fotografías.


Sem comentários:

Enviar um comentário