11/08/2010

Festival de Pardiñas 2010


Un ano máis a Universidade Rural Galega estivo con un posto informativo no Festival de Pardiñas, en Guitiriz.
Celebrouse o 7 e 8 de agosto e como en todas as edicións, foi todo un éxito.
Ademais dos postos de artesáns e artesás, xúntanse en Pardiñas unha gran representación de músicos e luthiers de todo tipo de instrumentos.



Amosamos nesta fotografía unha publicación completísima dos nosos instrumentos, titúlase "Os instrumentos musicais na tradición galega" e o seu autor é Pablo Carpinteiro. Un libro indispensable na biblioteca de todos e todas os/as amantes da nosa música.







Estivemos con Lola Tourón unha gran sabedora de todo tipo de materiais cesteables ademais de ser unha recuperadora e conservadora de técnicas e pezas de diferentes zonas de Galicia. O seu taller chámase Cestería Viva e o último no que está traballando é na elaboración de distintos tipos de cestos a partires de materiais reciclados.




O posto da Universidade Rural Galega énchese de xente no momento que sacamos a lá de ovella, o fuso e a roca. As mulleres de Pardiñas e das parroquias cercanas que se achegaron ata a feira pasan polo noso posto e deixan claro que o que aprenderon e practicaron durante moitos anos non se esquence.


Así foi como Carmen Gómez despois de moitos anos sen coller un fuso demostrounos o seu saber do fiado. Moitas grazas a Carmen e o resto das mulleres que en cada feira nos amosan os seus saberes.


Sem comentários:

Enviar um comentário