O sábado 25 de novembro a Universidade Rural Galega en colaboración coa Deputación da Coruña estivo presente nas XIII Xornadas Museísticas da Capela

Estivemos escoitando a charla de Henrique Manuel Sanfiz Raposo (Historiador), titulada "Enterrar o espírito da guerra. Guerrilleiros na Capela, Cabanas e Fene. 1946-1947"
A presentación do proxecto "Instrumentos pobres" por Xabier Blanco especialista en sacar sons de obxetos cercanos e/ou elaborados con materiais cotiáns.
E por último escoitamos a presentación do traballo realizado polo Grupo de Patrimonio Arquitectónico Galego da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade Da Coruña. Explicaron o estudio feito "As palleiras de Monfero", analizaron 15 palleiras de diferentes parroquias do concello de Monfero e amosaron como exemplo o análise minucioso de dúas delas.
O traballo foi presentado por un profesor e dúas alumnas e apetécenos salientar que o trato que se daban entre él e elas á hora de falar do proxecto era de "compañeira" e "compañeiro", amosando un trato igualitario en canto ao traballo feito.
En colaboración coa:
Sem comentários:
Enviar um comentário