16/06/2010

Feiras ano 2009


Este verao e dentro do noso obxetivo de facer visible a U.R.G. estivemos con un posto informativo en diferentes feiras. FESTIGAL. Feiras de Asociacións (24 e 25 de agosto, Santiago de Compostela).
A fotografía que amosamos foi en Castroverde o 23 de agosto, no lugar onde se celebra a feira do pueblo. Como levamos con nós lá, roca e fuxo moitas persoas que paran no noso posto anímanse a facernos unha demostración no arte de fiar a lá.


Tamén estivemos no Festival de Pardiñas os días 1 e 2 de agosto, que este ano foi moi concurrido xa que celebraban o 30 Aniversario.
As nosas noraboas dende aquí a todas as persoas que o seguen a organizar, en especial á xente de XERMOLOS, e a todos e todas os/as que seguimos indo ano tras ano.
É unha xuntanza increíbel de persoas adicadas ou que simplemente disfrutan da nosa música e da nosa cultura en xeral. Case que sobra decir que o entorno é unha fermosura...




Sem comentários:

Enviar um comentário