16/06/2010

Invitación a: I ENCONTRO DE DINAMIZADORES E DINAMIZADORAS DO MUNDO RURAL

Estimad@s compañeir@s: A Universidade Rural Galega invítavos a participar no I Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural que tratará sobre "Fendas, de Luz e de Sombras, das Intervencións no Mundo Rural".
Animámosvos a asistir xa que será unha oportunidade para compartir as experiencias e poder valorar en conxunto o camiño que estamos a percorrer os que cremos na dignidade e no futuro do mundo rural.
O encontro será o sábado 21 de novembro no Museo Etnográfico da Capela ás 10:30.
Adxuntamos o programa.


I Encontro de Dinamizadores/as do Mundo Rural.
"Fendas, de Luz e de Sombras, das Intervencións no Mundo Rural"

Organizadores:

Universidade Rural do Eume e Universidade Rural Galega.

Obxectivos:

- Compartir análises feitos por xente que vive e/ou traballa a prol do mundo rural.
- Aportar fachos de luz e ánimo para as nosas actuacións.
- Colaborar na consolidación e visibilidade da Universidade Rural Galega.

Lugar e data:

Museo Etnográfico da Capela (A Coruña)
21 de novembro de 2009.

Contido:

10,30. Apertura e presentación
10,50. Presentación dos participantes

11,05 Sesión de traballo en Plenario

- Fendas na cultura (motiva Alfonso Blanco Torrado da Asociación Cultural XERMOLOS)
- Fendas no social (motiva Miguel Teixido, Xerente de EUROEUME).
- Fendas na economía (motiva Antonio Fernández Oca).
- Fendas na medio ambiente (motiva Xosé María García Villaverde, Secretario Xeral de VERDEGAIA).

13,15 Resumo e propostas finais
Mentras se están producindo os anteriores debates haberá dúas persoas recollendo o máis salientable, unha as sombras e outra as luces. Neste momento expoñen as súas recollidas a modo de conclusións e o plenario poderá facer algúns breves comentarios. O resultado esperado sería un pequeno documento publicable.

13,50 Acto de Clausura.
14,05. Xantar
Aínda que nos gustaría, non podemos convidarvos a comer pero temos buscado un sitio bon e barato. Animamosvos a que xantemos todos e todas xuntos, xa que no entorno máis distendido do xantar seguro que o intercambio de opinións seguirá medrando. Necesitamos que nos confirmedes a asistencia e o número de persoas que viredes ó xantar para poder facer o encargo. Agradeceríamos que fose antes do martes 17 de novembro, nos teléfonos: 981.102.662 / 672.087.656 ou no correo electrónico: universidaderuralgalega@gmail.com

16,30 Visita ó Museo Etnográfico da Capela.


Como podedes ver, será unha xornada para compartir, analizar e valorar conxuntamente as nosas intervencións no mundo rural, a través dos nosos proxectos, traballos e en xeral da nosa vida.
Esperamos a vosa asitencia, imprescindible para enriquecer este encontro de experiencias.
Recibide un cordial saúdo.
Secundino García Mera.
(Presidente da U.R.G.)

Sem comentários:

Enviar um comentário