16/06/2010

MEMORIA do traballo feito no ano 2009

Universiddae Rural Galega, ano 2009. http://universidaderuralgalega.blogspot.es/img/anagramaurg.jpg

MEMORIA.- http://universidaderuralgalega.blogspot.es/img/logxunta.jpg

1.- Introdución.


    1. . A Universidade Rural Galega leva anos traballando sen abandonar as ideas polas que se formou,

- Todos e todas podemos contribuir a poñer en valor as tradicións rurais, a favorecer o seu recoñecemento e dignificación e a facer chegar a sociedade toda a riqueza persoal, grupal e etnográfica do medio rural.


- Intentar facer visible e servir de altofalante ás persoas e asociacións que están apurando con moita creatividade e teimosía a recollida, coidado e/ou preservación de todo o patrimonio etnográfico galego, así como levando a cabo proxectos reais e innovadores, creadores de futuro para un mundo rural vivo.

Os obxetivos, máis específicos, polos que estamos a traballar son os seguintes:


  • Colaborar na recuperación, conservación e difusión dos saberes tradicionais do medio rural.

  • Poñer en valor as iniciativas de recollida, conservación e difusión das tradicións rurais.

  • Favorecer o recoñecemento e dignificación do medio rural e da súa historia.

  • Facer chegar á sociedade toda a riqueza persoal, grupal e etnográfica do medio rural.

  • Ser unha rede que facilite a intercomunicación de todos os grupos que cremos na dignidade e no futuro do rural.


As accións que levamos a cabo para conseguilos son:


  • Censo de sabedores e sabedoras dos traballos e artes tradicionais.

  • Censo das persoas que traballan na conservación e recuperación dos usos e costumes rurais.

  • Censo dos grupos que estamos a traballar no desenvolvemento do medio rural. Intentamos recoller os problemas e necesidades.

  • Participar en publicacións, organizar foros, debates… en colaboración con outras asociacións.

  • Crear espazos de encontro.

  • Elaboración dunha diagnose da situación do sector.



    1. Co patrocinio publicitario do Xacobeo, dende xuño ata decembro do 2.009 centramos o noso traballo, nos diferentes Camiños de Santiago.


O primeiro que fixemos, foi decidir qué era o que poderíamos facer neses meses porque querendo facer un traballo, palpable e visible, de visitas a sabedres/sabedoras, de contactar con asociacións e grupos…tiñamos moi pouco tempo. Evidentemente esto é unha tarefa de anos e non de meses.


A comisión encargada deste tema decidiu:


  • Actualización dos dípticos co logotipo do Xacobeo e da Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo.



  • Elaborar unha credencial para presentarnos nos Concellos e agrupacións a visitar. Nesa credencial consta tanto a Universidade Rural Galega como o patrocinio do Xacobeo.



  • Optar polos Camiños máis transitados e dentro deles os pobos máis salientables. Non abarcar tódolos Camiños nin tódolos núcleos. Deixar, polo momento, as visitas nas cidades polas que pasan os diferentes Camiños e así aproveitar o pouco tempo que temos para percorrer os nucleos rurais.



  • Limitarnos a entrevistar aos representantes dos Concellos e algunhas asociacións como contacto para chegar a aqueles sabedores/sabedoras, recuperadores/recuperadoras,… que coñezan, é dicir, non chegar a todos/todas os/as sabedores/sabedoras con visitas, recoñecemento,…

O tempo para todo este traballo é moi limitado, así que en futuros proxectos haberá que chegar a tódalas parroquias e a tódalas asociacións das zonas polas que pasan os diferentes Camiños, para poder visitar ó meirande número de sabedores/sabedoras,recuperadores/recuperadoras. Todo este traballo irase convinando coas visitas, entrevistas,… con cada un/unha dos/das sabedores/sabedoras e os seus coñecementos.



  • Para a publicación de todo este traballo, por mor da Lei de Protección de Datos (Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, sobre Protección de Datos de Carácter Persoal), únicamente aportaremos os datos elementais de cada persoa física. O resto da información está nos arquivos da Universidade Rural Galega para usala sempre que faga falla baixo o consentimento do/da implicado/implicada. Estamos avanzando na búsqueda de fórmulas que permitan ensinar e publicitar toda esta riqueza soterrada.



1.3. Agradecemos a implicación, interese e todo o ánimo que nos transmitiron tódalas persoas que nos atenderon e nos adicaron parte do seu tempo nos Concellos que visitamos.


2. Concellos visitados nos diferentes Camiños de Santiago.

Os kilómetros percorridos para realizar todas estas visitas aos Concellos e aproveitar a facer algunha entrevista a sabedores/sabedoras foron en total, 9.175 km.



Camiño Francés.-


  • O Cebreiro

  • Triacastela

  • Sarria

  • Palas de Rei

  • Melide

  • Arzúa



Camiño Primitivo.-


  • A Fonsagrada

  • O Cádavo (Concello de Baleira)

  • Castroverde

  • Melide

  • Arzúa



Camiño Norte.-


  • Ribadeo

  • Trabada

  • Lourenzá

  • Mondoñedo

  • Abadín

  • Vilalba

  • Baamonde (Concello de Begonte)

  • Miraz (Concello de Friol)

  • Sobrado dos Monxes

  • Arzúa



Camiño Inglés.-


  • Betanzos

  • Carral

  • Ordes

  • Sigüeiro



Camiño de Fisterra – Muxía.-


  • Fisterra

  • Cee

  • Negreira



Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.-


  • Cambados

  • Vilagarcía

  • Catoira



Camiño Portugués.-


  • Tui

  • O Porriño

  • Redondela

  • Barro

  • Caldas de Reis

  • Valga



Vía da Prata.-


  • Xinzo da Limia

  • Allariz

  • Cambeo (Concello de Coles)

  • San Cristovo de Cea



3. Feiras nas que participamos cun stand informativo.-


Decidimos participar nas Feiras xa que é unha excelente xeito de darnos a coñecer e contactar con persoas e grupos.

O stand fundamentalmente constaba dunha mesa con dípticos da U.R.G. co logotipo do XACOBEO e da Xunta de Galicia. Tiñamos tamén publicacións relacionadas coa nosa cultura ademais de propaganda e tarxetas de distintas asociacións, artesáns,… No fondo do stand había dúas lonas cos logotipos da Universidade Rural Galega, do XACOBEO e da Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo.





Feiras:




3.1.- Feira da II Xornadas do Peregrino “Camiño Norte de Santiago na Terra Chá, nos Concellos de Begonte e Guitiriz”



Data: 13 e 14 de xuño de 2.009.

Lugar: Begonte, Guitiriz e Parga.


Sábado 13: Invitación especial á Universidade Rural para participar na Mesa do Camiño Norte de Santiago en Galicia e Asturias, onde se trataron os seguintes temas:

Análise da situación actual do Camiño Norte e necesidades para o Ano Santo 2010: Infraestructuras, señalizacións, albergues, incidencia da autovía do Cantábrico.

Propostas de promoción e potenciación do Camiño Norte: Patrimonio, Gastronomía, Artesanías, Etnografía,…

Rogos e preguntas.




Domingo 14: Participación con un posto informativo na Feira de Artesáns celebrada en Parga.


Publicación: artigo sobre a Universidade Rural Galega na revista “Guieiros”, nº 12.


3.2.- Feira de Asociacións. FESTIGAL.



Data: 24 e 25 de xullo de 2010.

Lugar: Santiago de Compostela.




Participación dentro dos actos preparados para a celebración do Día da Patria. Posto informativo da U.R.G. dentro da Feira de Asociacións do Festigal, anunciado no programa do mesmo.


3.3. XXX Festival de Pardiñas.


Data: 1 e 2 de agosto de 2009.

Lugar: Pardiñas


Participación no XXX Festival de Pardiñas.

Publicación: artigo sobre a Universidade Rural Galega na revista “XERMOLOS” editada pola asociación cultural co mesmo nome.



3.4. Feira da Ponte de Louzara.


Data: 17 de agosto de 2009.

Lugar: Ponte de Louzara (Lugo).

Participamos cun posto informativo na Feira da Ponte de Louzara, onde improvisamos un pequeno taller de fiado da lá. Os máis pequenos fixeron o traballo máis sinxelo que é cardar a lá. Para o fiado foron aparecendo mulleres da comarca que fixeron de mestras.


3.5. Feira de Castroverde de Artesáns do Camiño de Santiago.


Data: 23 de Agosto de 2009.

Lugar: Castroverde.


Participación da Universidade Rural Galega cun posto informativo. Demostración, feita por máis de quince mulleres que pasaron polo noso posto, do fiado da lá.


3.6. Feira do “II Encontro de Artesáns do Camiño Norte”.



Data: 28, 29 e 30 de Agosto de 2009.

Lugar: Lourenzá.



Participación no II Encontro de Artesáns do Camiño Norte, onde a Universidade Rural Galega tivo a oportunidade de falar con artesás e artesáns que viven e traballan en algúns dos pueblos polos que pasa o Camiño Norte.


3.7. Feira de Outono de Allariz.



Data: 7 e 8 de novembro de 2009.

Lugar: Allariz.



Posto informativo da Universidade Rural Galega.

O domingo impartimos un taller de fiado da lá e de recoñecemento da flora autóctona dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os catro e os catorce anos.



4.- CONFERENCIAS.

Estas actividades xurdiron como resposta a peticións feitas por distintas asociacións para darnos a coñecer nos seus ámbitos de actuación


- Charla na Capela (A Coruña).

Data: 17 de outubro de 2009.

Lugar: A Capela.

Presentación da Universidade Rural Galega dentro das 5ª Xornadas Museísticas, organizadas polo Museo Etnográfico da Capela.


- Charla na Escola Popular Galega (Vigo).



Data: 23 de outubro de 2009.

Lugar: Vigo.



Presentación da Universidade Rural Galega na Escola Popular Galega dentro do programa de apertura das I Xornadas Medioambientais.




5.- I ENCONTRO DE DINAMIZADORES E DINAMIZADORAS DO MUNDO RURAL, “FENDAS, DE LUCES E DE SOMBRAS, DAS INTERVENCIÓNS NO MUNDO RURAL”



Participaron 41 persoas representando 22 asociacións.

Celebrouse no Museo Etnográfico da Capela (A Coruña)





6.- PUBLICACIÓN: “DETRÁS DO CAMIÑO HAI MOITA VIDA E SABERES AGOCHADOS”


7.- PÁXINA WEB.



Dende que asinamos o contrato de patrocinio publicitario co XACOBEO, no mes de xuño de 2009, introduciuse na nosa páxina web (www.urgz.org) o logotipo do XACOBEO.

Toda a información das nosas actividades pódense ver no noso blog: universidaderuralgalega.blogspot.

Temos un correo electrónico co que facilitamos toda a información a os/as socios/socias, persoas e grupos que teñen interese no proxecto U.R.G. (universidaderuralgalega@gmail.com)

8.- MEDIOS DE COMUNICACIÓN.-


Cada vez que organizamos ou participamos nalgún acto informamos e mandamos fotografías ós medios de comunicación. Algunhas veces non publicaron a noticia e outras reclamaron a nosa atención.



Publicacións:


  • “GUIEIROS” nº 12. Revista homenaxe a Concha Prado do Camiño Norte (páxina 83 e 84)


  • “XERMOLOS” nº 53. Revista conmemorativa do Festival de Pardiñas. (páxina 71)


  • Xornal do Festigal, xullo de 2009. Xornal conmemorativo do FESTIGAL.


Entrevistas:


  • Consello da Cultura Galega”. Editada na páxina web culturagalega.org. Agosto do 2009.


  • Entrevista para O Xornal, xornal de tirada semanal gratuito. Outubro do 2009.


  • Programa “Arredor de nós”. “Radio – Difusión”. 7 de setembro do 2009.


  • Entrevista en Radio – Melide. Agosto do 2009.


  • Xornal “Novas de Galiza”. Tirada do 15 de agosto ó 15 de setembro. (páxina: contraportada)



Prensa:


  • La Voz de Galicia.

  • El Progreso.







CONCLUSIÓN.-



Detrás do CAMIÑO hai moita VIDA e SABERES agochados e tod@s podemos colaborar para RECUPERALOS , CONSERVALOS e DIGNIFICALOS”


Sem comentários:

Enviar um comentário