07/07/2010

V Festival da Mocidade na Sainza - Rairiz de Veiga

Nova edición do Festival da Mocidade, organizado pola Aguilhoar, para ofrecer a todas e todos un espazo lúdico-reivindicativo que este ano terá como novidade a sua localización na SAINZA (Rairiz de Veiga) o dia 21 DE AGOSTO e o tema de debate central será o FEMINISMO.

Este ano cumpren xa cinco anos dende aquela primeira experiencia en Vilar de Santos no ano 2006. O calendario de actividades aínda non está fechado, pero podennos adiantar parte da axenda desta quinta edición. A Sainza acollerá diferentes actividades con temática arredor do feminismo e a luita anti-patriarcal, con un encontro de colectivos feministas, exposicóns, xogos, teatro de rúa, etc, ademais dunha grande comida popular, à que animan a todas e todos a participar, con acompañamento musical e, por último, os concertos musicais, que neste ano combinaran grupos coñecidos, como Os Esquíos e Post Mortem, e a novidade do grupo de hardcore vigués, Sem Resposta. Ainda, a festa continuará no local social da Sainza no que haverá pinchada de música galega até nos cansar.

Está disponível na rede un blogue que irá informando de toda a actualidade do V Festival da Mocidade ben como o programa completo e as posíveis modificacións do mesmo!!!

http://festivaldamocidade.blogspot.com/

Sem comentários:

Enviar um comentário