06/08/2010

Oleiro. Niñodaguia - Ourense



Oleiro.- Agustín Vázquez. Niñodaguia (Ourense)

A Universidade Rural Galega visitou o taller de Agustín, oleiro de Niñodaguia, na provincia de Ourense. O seu saber ven da súa familia, él aprendeu co seu tío. O seu fillo, José Vázquez, será o que continue, xa que traballa co seu pai dende fai oito anos.

Recentemente xunto con outros oleiros de Niñodaguia, en total son catro, formaron a Asociación “Amigos do barro” e pronto inagurarán un museo adicado a oleiría tradicional deste pobo.

Agustín ten feito un gran traballo de recuperación das diferentes pezas típicas da súa zona, e dos seus usos. Contounos que en Niñodaguia hai unhas trinta vasixas diferentes dependendo do seu uso e que el saiba, non existe outra oleiría dunha zona que teña tantos tipos diferentes.

Parte das súas pezas están feitas cun barro específico do seu pobo, o “barro amarelo”. Tamén traballa o gres, dende o ano 1979, é un apasionado deste material.

O carón do seu taller está a tenda – museo, nela pódese ver unha gran exposición do seu traballo.

Sem comentários:

Enviar um comentário